martes, 22 de octubre de 2013

O tempo atmosférico

Empezamos tema novo, e o primeiro é ver o que temos que saber cando rematemos.
Os obxectivos son:

– Definir que é o tempo atmosférico. 

– Identificar os diferentes elementos do tempo atmosférico: temperatura do aire, a humidade, as nubes e as precipitacións. 

– Recoñecer que o tempo atmosférico cambia. 

– Identificar os diferentes aparellos que se utilizan para a predicción do tempo atmosférico e explicar o seu funcionamento. 

– Coñecer as distintas formas de representar a predicción do tempo. 

– Recoñecer que é o clima. 

– Identificar as magnitudes das que depende o clima: a latitude, a altitude, o relevo e a distancia ao mar. 

– Coñecer as formas gráficas nas que se representa o clima e sabelas interpretar. 

– Localizar as diferentes zonas climáticas da Terra: cálidas, amornadas e frias.

1 comentario: