domingo, 20 de octubre de 2013

Comezamos

Esta é primeira entrada deste o noso blogue de 4º B do Ceip Sofía Casanova. Espero que haxa moitas máis e nos serva como punto de encontro e reflexión das nosas experiencias de aprendizaxe.

Como o título indica a nosa aula está formada por persoas que temos moito que aprender e tamén moito que ensinar, polo tanto é cousa de todos esforzarnos cada día para ser mellores que o día anterior. Cada xornada é unha oportunidade para progresar e aprender dos erros, que son os nosos aliados, porque nos permiten reflexionar para seguir progresando, polo tanto prohibido non equivocarse ou o que é o mesmo prohibido non mellorar, cada un dentro das súas posibilidades.

Un saúdo a todos os que vos asomades á fiestra da nosa clase, na que veredes nenos e nenas aprendendo uns dos outros e compartindo experiencias significativas e duradeiras (ou ese é o noso obxectivo).

3 comentarios:

  1. Pereceme que este blog é unha idea estupenda como motivación extra dos nosos fillos de cara á aprendizaxe das infinitas experiencias que lles suceden ó redor da escola ó longo do curso. A miña noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, a intención é motivalos para favorecer as súas aprendizaxes.

    ResponderEliminar
  3. son eu Alba e, e entrado por primeira vez !llupiii!!!

    ResponderEliminar